O papa sofre unha caída sen fracturas e inmobilízanlle o brazo por precaución
O papa sofre unha caída sen fracturas e inmobilízanlle o brazo por precaución
Francisco ten un hematoma no brazo dereito
O papa Francisco, de 88 anos, sufriu este xoves unha caída na súa residencia, a casa de Santa Marta, fixo un hematoma no antebrazo dereito, sen fracturas, e inmobilizóuselle como medida de precaución, informou a oficina de prensa do Vaticano.
Malia o incidente Francisco mantivo a súa axenda prevista para este xoves e recibiu en audiencia a membros do Colexio Sacerdotal Arxentino de Roma e a unha delegación albanesa, actos nos que se lle puido ver co brazo recollido por un pano branco.
Trátase da segunda caída do papa en pouco tempo, xa que o pasado 7 de decembro, o pontífice, que ten problemas de mobilidade, apareceu cun grande hematoma á altura do queixo.
Naquel momento Francisco sufriu "unha contusión cando se golpeou coa mesa de noite", segundo o director da oficina de prensa da Santa Sé, Matteo Bruni.
Tamén nesa ocasión, o pontífice continuou coa súa axenda e a celebración do décimo consistorio, no que nomeou a 21 novos cardeais e no que apareceu co vistoso negrón ao carón dereito da cara.
Francisco sofre dunha gonalxia no xeonllo dereito que lle impide camiñar, polo que usa unha cadeira de rodas ou nalgunhas ocasións axúdase cun bastón.