Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento de Navarra volve votar a investidura de María Chivite esta tarde

O Parlamento de Navarra volve votar a investidura de María Chivite esta tarde

Previsiblemente Chivite tomará posesión do cargo este xoves

G24.gal 15/08/2023 10:40

Esta tarde, contra as cinco e media, o parlamento de Navarra volve votar a investidura de María Chivite. Non logrou maioría absoluta na primeira votación, pero abóndalle con maioría simple na segunda rolda. A socialista será investida presidenta da comunidade foral cos apoios dos socios de coalición, Geroa Bai e Contigo-Zurekin, a marca navarra de Podemos, e a abstención de Bildu. Chivite tomará posesión do cargo este xoves.

Na sesión de onte  a candidata do PSN recibiu 21 votos a favor (11 do seu grupo, 7 de Geroa Bai e 3 de Contigo-Zurekin) e 20 en contra (15 de UPN, 3 do PPN e 2 de Vox). Rexistráronse 9 abstencións, que se corresponderon coa posición política de EH Bildu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade