Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE quere evitar abusos das compañias áreas no cobro da equipaxe de man

A UE quere evitar abusos das compañias áreas no cobro da equipaxe de man

As restricións dalgunhas compañías áereas á equipaxe de man pode disparar o prezo do billete

O Parlamento Europeo quere harmonizar o tamaño e peso das maletas de cabina para evitar abusos das aeroliñas

A medida non podía ter mellor acollida entre os viaxeiros ás portas dunha ponte festiva

G24.gal 08/10/2023 14:50 Última actualización 08/10/2023 15:13

As diferentes normas sobre a equipaxe de man das distintas compañias causan confusión nos pasaxeiros e algún susto na porta de embarque, con cargos adicionais.

"Cobran por todo, hai pouco fomos a Sardeña, pasámonos uns quilos e cobráronnos 175 euros".

"Cada pouco tempo están como cambiando normativa, se voas con Vueling é unha cousa, se vas con Ryanair é outra. Era importante que unificaran criterios", din os usuarios.

Hai case  dez anos que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou que os usuarios  non deben pagar máis por levar na cabina unha maleta, sempre  que cumpra uns requisitos "razoables" de tamaño e peso. Agora o Parlamento Europeo insta os países membros a facer cumprir esta sentenza.

"Si, si que cobran. Pásanse. Fanche comprar unha mochila pequena que case non che cabe roupa". "Ao final é un negocio o que queren é sacar cartos e sempre parece que levas de máis".

A Eurocámara quere que se harmonicen os límites permitidos da equipaxe de man en toda a Unión e evitar taxas ocultas ao comprar o billete. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade