Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pivote internacional ucraíno Artem Pustovyi regresa ao Obradoiro

O pivote internacional ucraíno Artem Pustovyi regresa ao Obradoiro

Asinará un contrato por dúas temporadas

Foto @OBRADOIROCAB Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 18/07/2023 11:24 Última actualización 18/07/2023 11:29

O pivote internacional ucraíno de 2,19 metros chegou a un acordo co club para as próximas dúas tempadas. A fichaxe de Pustovyi é unha das que celebrará especialmente a afección do Obradoiro, equipo co que creceu exponencialmente ata coroalo como un xogador de Euroliga. Cinco anos despois Artem regresa á que el considera a súa casa.

Artem Pustovyi provén do UCAM Murcia, club ao que chegou a tempada pasada despois de estar tres anos no Barça e un en Gran Canaria. Pustovyi mediou durante o último curso 7,7 puntos, 4,6 rebotes, 0.4 asistencias, 1,2 tapóns nos seus 17,9 minutos por partido dos 34 disputados.

Chegou a España en 2015, cando fichou polo Monbus Obradoiro, no cal permaneceu tres tempadas. Capaz de intimidar baixo o aro e achegar puntos, o ucraíno será o encargado de reforzar a pintura do conxunto de Moncho Fernández.

“A volta de Artem significa moito para o Monbus Obradoiro. É unha boa noticia, xogador querido por todos, afección, staff e Consello de Administración. Queremos que connosco alcance un bo rendemento deportivo e achegue nas dúas partes da pista, a defensiva e a ofensiva", declara o director deportivo do club Eduardo Pascual.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar