O poderoso Bidasoa non lle dá tregua ao Cisne (19-28)
O poderoso Bidasoa non lle dá tregua ao Cisne (19-28)
Os vascos fixeron un parcial de 0-7 entre o final da primeira parte e o comezo da segunda
O Cisne non puido facer nada diante do poderoso Bidasoa Irún, que impuxo a lóxica clasificatoria e levou o triunfo de Pontevedra (19-28). O partido estivo igualado ata os últimos minutos do primeiro tempo (11-13) pero un parcial de 0-7 entre o remate da primeira parte e o comezo da segunda abriu un oco no marcador (11-20) imposible de reducir para o equipo galego.
Comezara ben o Cisne xogándolle de ti a ti a un grande do balonmán español e aguantou durante 24 minutos facendo soñar aos afeccionados. A maior rotación dos irundarras resultou decisiva e cando apareceu o cansazo e os trocos a diferenza fíxose patente. Tamén a portería acabou por ser un factor fundamental cunha alta porcentaxe de paradas do gardameta visitante.