Cargando resultados...
O Pontevedra encadea catro vitorias consecutivas
G24.gal
12/12/2021 19:48
O Pontevedra encadeou a cuarta vitoria consecutiva e mantense nos postos de privilexio da Segunda Federación. O Ceares, pechacancelas do grupo, deu guerra ata o minuto 55, intre no que os pontevedreses comezaron a encamiñar o triunfo.
O temperán gol de Brais Abelenda auguraba un partido cómodo, pero o Ceares empatou dous minutos máis tarde logo dun claro penalti transformado por Óscar. Co paso dos minutos o Pontevedra foise apagando e tivo que agardar ao arreón da segunda metade para lograr o 2-1 noutra xogada de Brais culminada por Martín Diz.
Aí rematou a resistencia asturiana que acabou recibindo un terceiro gol cunha gran cabezada de Charles, que lograba o 13º gol da temporada.