O porteiro Jano, o heroe do Victoria C. F. na Copa do Rei
O porteiro Jano, o heroe do Victoria C. F. na Copa do Rei
O cérbero detivo un penalti a sete minutos para o final do partido
Os herculinos derrotaron o Hernani e clasificáronse para a seguinte rolda
O seu rival será un dos equipos que entran en liza da primeira división
O histórico Victoria coruñés estará na seguinte rolda da Copa do Rei tras derrotar o Hernani por 1-0. Yago Pérez foi o autor do tanto das Cebras, pero fundamental foi o penalti parado polo meta Jano a cinco minutos do final. O porteiro xogaba Ao contraataque ao remate do partido:
"É o que soñabamos. Xogar ante os mellores. O partido foi moi duro. Sufrimos algo ao final. Eran moi fortes fisicamente, colgaron moitos balóns. Para min eran moi bo equipo. Pero estivemos atinados na segunda metade".
Os herculinos enfrontaranse a un equipo de primeira división tras eliminar o conxunto vasco. O cérbero deixaba claras as súas preferencias:
"Non quero mollarme moito, todos estarán, ben pero postos a elixir, seguramente escollería o Celta, xa que este ano non pode xogar contra o Deportivo. Esa rivalidade A Coruña-Vigo, polo menos témola nós".