Cargando resultados...
O PP acusa a oposición de obstaculizar a industrialización de Galicia
"Estamos orgullosísimos da nosa sanidade", dixo o voceiro popular no Parlamento
José Alberto Pazos Couñago
G24.gal
23/04/2025 19:11
Última actualización 23/04/2025 19:26
O voceiro do Partido Popular no Parlamento de Galicia defendeu a xestión de Alfonso Rueda e acusou a oposición de poñer trabas á industrialización da comunidade. "O verdadeiro problema da industria son vostedes", dixo Jose Alberto Pazos Couñago.
O voceiro popular dixo que temos unha sanidade pública fantástica, con programas de cribado e tratamentos innovadores e acusou a oposición de quedar nos datos de 2009.
"Vostedes seguen contabilizando camas cando hoxe a cirurxía ambulatoria é unha realidade completamente estendida", dixo Couñago.