Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP carga contra Pedro Sánchez por "abuso e intervencionismo" en Telefónica

O PP carga contra Pedro Sánchez por "abuso e intervencionismo" en Telefónica

Cifran en 2.300 millóns de euros o custo da operación do cambio de presidente á fronte da empresa

G24.gal 19/01/2025 14:55

A vicesecretaria de Organización do PP, Carmen Fúnez, pon o acento na "acción colonizadora" en Telefónica desde os puntos de vista político e económico. Fúnez considera que se trata da "invasión dunha empresa privada para poñela ao servizo dos intereses do Goberno e do seu presidente". Ademais, ponlle cifras ao suposto custo desta operación:

"Que Sánchez teña en Telefónica un presidente elixido por el ou que lle gusta a el e que tamén lle gusta o partido socialista supúxonos a todos os españois un custo de 2.300 millóns de euros. 2.300 millóns de euros dedicados ao abuso, ao intervencionismo e á inseguridade que supón esta acción colonizadora".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade