Publicador de contidos
Publicador de contidos

Telefónica, instrumento da Moncloa?, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Telefónica, instrumento da Moncloa?, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 20/01/2025 08:01

España, a mediados dos oitenta, baixo a presidencia de Felipe González, adoptou unha decisión, que foi mantida polo Partido Popular no marco da presidencia de José María Aznar, desregular e privatizar o sector público. España sumábase así ao pensamento europeo dominante e ás directivas europeas que defendían a libre competencia e a desaparición dos monopolios públicos.

Levamos preto de trinta anos vendo como o Estado queda alleo á vida das empresas, observando que o poder do Goberno de España se proxecta soamente sobre as regulacións e nunca sobre o devir dunha o outra empresa.

A entrada do Estado en Telefónica quizais fose necesaria, para que mantivese o seu carácter español e, esencialmente, europeo. Pero nese intre, ao mercar accións dunha sociedade privada e usar para iso diñeiro público, o Presidente Sánchez asumía a obriga de facelo sen alterar as regras de xogo do mercado español. E como á muller do Cesar, pedíaselle que non influíse nin o parecese. O Goberno debía dicir que estaba en Telefónica soamente para asegurar a súa  españolidade, do resto dos temas non debería opinar. Pero non é así; non soamente opina, senón que altera os seus órganos de control. Agora Telefónica é un instrumento claro da Moncloa, xa non se debe aos seus accionistas, debese á Presidencia do Goberno. E que quere facer coa empresa? Non o sabemos. O que si que sabemos é que alterou o que era unha máxima dos anteriores gobernos democráticos, non interferir na vida das empresas e situarse como un Estado regulador defensor da competencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade