Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente e o Goberno de Finlandia anuncian a candidatura oficial á OTAN

O presidente e o Goberno de Finlandia anuncian a candidatura oficial á OTAN

O xefe do Estado, Sauli Niinistö : "É un día histórico. Ábrese unha nova era"

A decisión aínda ten que ser ratificada no Parlamento nos próximos días

G24.gal 15/05/2022 13:26 Última actualización 15/05/2022 14:16

O xefe do Estado e o Goberno finlandés aprobaron de xeito formal a solicitude de ingreso na Alianza Atllántica. Unha decisión que terá que ser ratificada no Parlamento durante os próximos días.

O presidente de Finlandia, Sauli Niinistö, e o Comité de Exteriores e Seguridade do país nórdico aprobaron a decisión, anunciada nunha roda de prensa coa primeira ministra, Sanna Marin.

´´É un día histórico. Iniciamos unha nova era", asegurou o xefe do Estado. O vicesecretario xeral da OTAN confía en que se alcance o consenso na Alianza para o posible ingreso de Finlandia e de Suecia.

Esta decisión supón un xiro radical na política exterior finlandesa das últimas décadas, baseada no non aliñamento militar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade