Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente do Banco Mundial cifra en 60.000 millóns de dólares os danos nas infraestruturas ucraínas

O presidente do Banco Mundial cifra en 60.000 millóns de dólares os danos nas infraestruturas ucraínas

Rusia renuncia a asaltar Azovstal para non poñer en risco os seus soldados, pero ordena cercar a siderúrxica

Os poucos veciños que deron saído da cidade polo corredor humanitario tras unha tortutosa viaxe de trinta horas en autobús contan que veñen dun inferno de 56 días

G24.gal 22/04/2022 08:04

A caída de Mariupol está en discusión. Rusia dáa por tomada, pero en Kíiv négano. Hai efectivos do exército ucraíno aínda atrincheirados dentro da planta de Azovstal, o alcalde di agora que é difícil cuantificar cantos civís están con eles, fala de entre 300 e mil.

Nunha conversa televisada co seu ministro de Defensa, Putin anunciou o cambio de estratexia, disque para protexer as súas tropas: encargou que se deixase de atacar a siderúrxica, que a bloqueen, que non escape nin unha mosca. 

Os poucos veciños que deron saído da cidade polo corredor humanitario tras unha tortuosa viaxe de trinta horas en autobús contan que veñen dun inferno de 56 días. Explica unha muller que os soldados rusos lle desexaron paz no seu fogar, pero que agora non ten casa.

Outra evacuada conta que Mariupol era unha cidade moi desenvolvida, con moitas infraestruturas, e que agora só son ruínas. 

Agora, alí, están coa recollida de cadáveres, estiman os mortos en vinte mil e imaxes por satélite parecen revelar unha gran fosa común nunha vila moi próxima a Mariupol. A fiscalía xeral ucraína recolleu 7.600 crimes de guerra ata o de agora. Pero o traballo non acaba.

Segundo as autoridades ucraínas, en Khersón prepárase un referendo de independencia ilegal. Non houbo tregua de Pascua, os bombardeos continuaron, con Khárkiv moi castigada de novo. Fan falta sete mil millóns de dólares ao mes, dixo Zelenski aos Líderes do FMI e do Banco Mundial; eles calculan que os danos nas infraestruturas ucraínas acadan os 60.000 millóns de dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade