Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda: "O Goberno usa a condonación como cebo para pechar a cota para Cataluña"

Rueda: "O Goberno usa a condonación como cebo para pechar a cota para Cataluña"

Rueda apelou á unidade dos presidentes autonómicos para reclamar un sistema que garanta os mesmos servizos para todos os españois

G24.gal 04/02/2025 18:16 Última actualización 04/02/2025 18:29

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que o Goberno central usa a condonación da débeda como "cebo" para non falar do novo modelo de financiamento autonómico e poder negociar un concerto singular para Cataluña.

Nun foro organizado por El Mundo este martes en Santiago, Rueda apelou á unidade dos presidentes autonómicos para reclamar un sistema que garanta os mesmos servizos para todos os españois.

O xefe do executivo galego chama as comunidades a sumarse á reedición da declaración de Santiago que promoven Galicia e Aragón para reclamarlle ao Goberno unha reforma do financiamento autonómico e rexeita modelos singulares. Asegura que se se estende esa fórmula a Galicia "perdería 2.100 millóns de euros".

O presidente da Xunta pídelles ás comunidades máis endebedadas que non caian na trampa, di, de aceptar unha condonación.

"Se aceptan pola urxencia de deixar de pagar uns xuros, perderían moito máis. Está claro que isto é un cebo do Goberno para pechar no Consello de Política Fiscal e Financeira un financiamento singular para Cataluña", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos