Cargando resultados...
O presidente do Celta insiste en non negociar por Gabri Veiga
Mouriño tamén afirma que non lle pode subir a cláusula de rescisión polo salario que ten o porriñés
G24.gal
20/04/2023 12:45
Última actualización 20/04/2023 12:49
Carlos Mouriño falou de Gabri Veiga nunha emisora de radio. Recoñeceu os contactos que houbo desde Italia, Inglaterra e Francia. O Celta, afirma, aí non entra. É decisión do xogador e non vai negociar.
"Ninguén pode negociar con nós. O Celta non vende nin pode axudar a fichar a Gabri".
Asegura o presidente do Celta que non se lle podía subir a cláusula para vendelo polo salario que ten o porriñés.
"Non pode ter unha cláusula de 100 millóns cun salario anual de 300.000 euros".