O presidente do comité organizador do Mundial de Qatar di que "a homosexualidade non está autorizada"

Al-Khater prometeu que os afeccionados LGTBI terán dereito a viaxar e ver os partidos, pero non poden dar "mostras de afecto en público"
Nasser Al-Khater, presidente do comité de organización do Mundial 2022 que se celebrará en Qatar o próximo inverno, asegurou nunha entrevista que "a homosexualidade non está autorizada" no país. Con todo, Al- Khater prometeu que o afeccionados LGTBI terán dereito a viaxar e ver os partidos, pero cunha única condición: non poden dar "mostras de afecto en público".
Nunha entrevista publicada na CNN, Nasser Al- Khater destacou que "as demostracións de afecto en público están mal vistas, e iso vale para todos". "Qatar e os países veciños somos moito máis recatados e conservadores. Iso é o que pedimos que respecten os afeccionados, e estamos seguros de que así o farán", continuou. "Así como nós respectamos as diferentes culturas, esperamos que estas culturas respecten as nosas. Virán a Qatar como afeccionados dun torneo de fútbol e poden facer todo o que calquera outro ser humano faría".