Publicador de contidos
Publicador de contidos

España será a sede do Mundial do 2030

España será a sede do Mundial do 2030

O Mundial desenvolverase en seis países e tres continentes

Riazor e Balaídos aspiran a acoller partidos da copa do mundo

A FIFA esixe unha capacidade mínima de 40.000 espectadores nos estadios

14/10/2023 15:30 Última actualización 13/10/2023 19:59

A copa do mundo do 2030 xa ten sede. España é un dos destinos escollidos para acoller partidos do Mundial. Será un torneo innovador, que se desenvolverá en seis países e en tres continentes. A candidatura que presentou España, xunto con Portugal e Marrocos, foi elixida pola FIFA para organizar o mundial, que disputará tamén tres partidos en Suramérica. O Uruguai acolleu en 1930 a primeira edición da copa do mundo e para celebrar o centenario a súa selección debutará na casa no 2030, ao igual que A Arxentina e Paraguai, que formaban parte da candidatura uruguaia.

Hai 15 estadios españois que optan a ter algún partido do mundial, entre eles Riazor e Balaídos, no que xa se desenvolveron encontros da copa do mundo en 1982. Nos dous casos precisan aumentar a súa capacidade porque a FIFA esixe un mínimo de 40.000 asentos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade