Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mundial 2030: Riazor está dentro, Balaídos depende dunha ampliación de sedes

Mundial 2030: Riazor está dentro, Balaídos depende dunha ampliación de sedes

Hai once sedes e España pediu unha ampliación a trece

G24.gal 05/07/2024 16:14 Última actualización 05/07/2024 16:20

Seguimos á espera de que se concreten as sedes do Mundial de 2030. Agora mesmo Riazor está dentro, Balaídos depende dunha ampliación por parte de España. Riazor asistiu esta mañá á presentación do partido España/Bélxica, de clasificacion para o Campionato de Europa feminino de 2025. Xógase o día dezaseis deste mes. A última proba da selección antes dos xogos.

Riazor cumpre os requisitos para participar no mundial que organizan España-Marrocos e Portugal.

Rafael Louzán: "Nestes momentos, aínda que por unha diferenza pequena, Riazor está dentro"

Hai once sedes confirmadas. Pero España pediu unha ampliación a trece. Isto mantén con opcións a Balaídos e tamén a Mestalla.

"Está a opción de Vigo e Valencia. Reúnen condicións e dependerá dos baremos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar