Os dous campos galegos pasaron o primeiro corte para acolleren o Mundial
Os dous campos galegos pasaron o primeiro corte para acolleren o Mundial
Riazor e Balaídos presentaron a súa candidatura para seren sedes e agora será a Federación a que determine cantos e cales van ser os estadios que acollan o evento
Hai uns meses Vigo (Balaídos) e A Coruña (Riazor) pasaron o primeiro corte para seren sedes do Mundial en caso de que a candidatura Ibérica fose a elixida. Xunto a eles están o Molinón (Xixón), San Mamés (Bilbao), Anoeta (Donosti), A Romareda (Zaragoza), Camp Nou e Cornellà-El Prat (Barcelona), Santiago Bernabéu e Metropolitano (Madrid), Nou Mestalla (Valencia), Nueva Condomina (Murcia), A Cartuxa (Sevilla), La Rosaleda (Málaga) e Gran Canaria.
A nova disposición do Mundial fai que sexan menos as sedes que elixa España. Nun principio ían ser once as que achegase, pero coa inclusión de Marrocos e cos primeiros partidos en Suramérica é posible que caia algunha desas cidades.