Optimismo nas cidades galegas que aspiran a ser sedes do Mundial
Optimismo nas cidades galegas que aspiran a ser sedes do Mundial
A Coruña e Vigo pasaron o primeiro corte e agora terán que agardar doce meses para a elección definitiva
"Temos un proxecto sólido e viable", asegura o alcalde de Vigo, Abel Caballero
Ata decembro de 2024 non se coñecerán as sedes oficiais do Mundial de 2030. Balaídos e Riazor con posibilidades. Será un mundial global, en tres continentes. Comezando en América do Sur e seguindo por África e Europa.
España, Portugal e Marrocos, serán as sedes principais. Corenta e oito seleccións, cento un partidos. O normal é que a final sexa no Santiago Bernabeu. Balaídos e Riazor terán que someterse a obras para que se poidan celebrar partidos desa categoría. Teñen que superar a acollida de corenta mil espectadores, algo que agora mesmo non cumpren.
Nas dúas cidades amosan o seu optimismo e saben da oportunidade histórica de recibir un evento de tal magnitude. Xa o conseguiron en 1982 e agora pelexarán por telo no 2030.