Prisión sen fianza para o mestre de Lugo acusado de agresións sexuais a oito alumnas
Prisión sen fianza para o mestre de Lugo acusado de agresións sexuais a oito alumnas
Para o caso de que saia de prisión, prohíbenlle achegarse ás menores, ao centro educativo e exercer calquera profesión que supoña contacto con menores mentres dure a instrución da causa
O xulgado de instrución número 1 de Lugo acordou a prisión provisional comunicada e sen fianza do detido.
Está investigado por agresións sexuais continuadas a polo menos 8 menores, con idades comprendidas entre os 8 e os 10 anos, todas alumnas do investigador.
Tamén se acordou, para o caso de que saia de prisión, a prohibición de achegarse ás menores prexudicadas, de aproximarse a menos de 500 metros e de comunicarse con elas, tamén de aproximarse ao centro educativo e prohibición para exercer calquera profesión que supoña contacto con menores mentres dure a instrución da causa
Polo de agora nove familias presentaron denuncias por supostos abusos sexuais a nenas.
A detención do sospeitoso, un home de entre 45 e 50 anos, mestre no CEIP Albeiros de Lugo, produciuse o mércores pola tarde, arredor das cinco. Desde entón permaneceu baixo custodia nos calabozos da Comisaría Provincial.