O Rácing comezará as dúas primeiras xornadas como visitante
O Rácing comezará as dúas primeiras xornadas como visitante
O obxectivo é rematar as obras antes da terceira xornada
Ese primeiro encontro na casa sería ante o Sporting de Xixón
O Rácing de Ferrol xa coñece o seu calendario e quen será o seu rival na primeira xornada da Segunda División despois de 15 tempadas sen pisar a categoría de prata do fútbol español.
Despois do sorteo albergado na Cidade deportiva das Rozas pola RFEF, o Rácing debutará no campo do Elche, equipo que descendeu dende Primeira esta pasada tempada. Na segunda xornada o conxunto ferrolán visitará o Carlos Tartiere, estadio do Real Oviedo.
Este comezo fóra da casa podría axudar á realización das obras de adaptación da Malata, tratando de lograr o obxectivo de xogar no seu estadio na terceira xornada fronte ao Sporting de Xixón.
Isto podría permitir que o equipo non se vise na obrigación de disputar o comezo da competición en Balaídos, único campo galego listo para albergar fútbol profesional debido a desmantelación do Anxo Carro despois do descenso do Lugo.