Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing completa a portería co vigués Yoel e con Jesús Ruíz

O Rácing completa a portería co vigués Yoel e con Jesús Ruíz

Yoel volve a Galicia despois de 10 temporadas nas que xogou no Valencia, Raio, Valladolid e Éibar

Jesús Ruíz chega do Alcorcón onde foi o titular as dúas últimas campañas

G24.gal 02/07/2024 18:30

Unha das posicións que buscaba reforzar o Rácing era a portería. Sen Gazzaniga e co futuro de Ánder Cantero pendente de definir, o club sabía que tiña que ir ao mercado para asinar un ou dous gardametas. Pois chegaron dous dunha tacada, o vigués Yoel Rodríguez e o catalán Jesús Ruíz.

Yoel (35 anos) é un vello coñecido do noso fútbol. O canteirán do Celta estivo ás ordes de Carlos Mouriz cando era xogador do Lugo. Logo chegou un periplo de dez temporadas en equipos tan importantes como o Valencia, o Raio, o Valladolid ou o Éibar. No treito final da súa carreira volve a Galicia para xogar no Rácing.

Pelexará con Yoel a titularidade Jesús Ruíz (27 anos) que procede do Alcorcón. En Ferrol coñecen ben as cualidades de Ruiz ao que se enfrontaron as dúas últimas temporadas. Na do ascenso de Primeira Federación e este ano en Segunda na que xogou 29 partidos, todos eles como titular e completos. 

Jesús Ruiz Suárez formouse no Cornellá e no Español. Logo tivo que traballalo moito en equipos de Terceira Federación como o Tarazona ou o Mallorca B ata que lle chegou a oportunidade do Alcorcón -chegou para xogar no filial-. O seu bo facer permitiulle ter un oco no primeiro equipo e acabar como titular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade