Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis xogadores do Celta traballan en Afouteza á espera do adestramento de mañá

Seis xogadores do Celta traballan en Afouteza á espera do adestramento de mañá

Son Fran Beltrán, Iago Aspas, Hugo Álvarez, Ristic, Bamba e Jailson 

O Celta aproveita o verán para cambiar o céspede de Balaídos

G24.gal 04/07/2024 13:43 Última actualización 04/07/2024 13:50

Seguen as probas médicas e físicas a todos os xogadores. Esta mañá en Afouteza corrían Fran Beltrán, Iago Aspas, Hugo Álvarez, Ristic, Bamba e Jailson. Simultaneamente outros compañeiros sometíanse a exames médicos no centro sanitario da sede. Mañá aí, en Afouteza, será a primeira sesión dirixida por Claudio.

Mentres, o Celta aproveita o verán para cambiar o céspede, particularmente o que está por debaixo do céspede. A obra inclúe unha modificación no rego que se estreou hai dous anos. Pero Balaídos necesitaba outro cambio: as drenaxes.

As drenaxes do rectángulo son de hai máis de corenta anos, cando se celebrou o mundial do 82. O céspede virá de Portugal e vai ser cosido. Será un céspede híbrido. Esta obra estará rematada o doce de agosto. É a data de entrega. Quedarán catro días para a estrea ligueira. Celta-Alavés. Venres día 16. Isto quere dicir que non haberá encontros amigables en Balaídos nesta pretemporada e que unicamente Claudio poderá organizar un adestramento na semana en que principia o campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos