Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raúl Blanco, traspasado ao Casa Pía portugués

Raúl Blanco, traspasado ao Casa Pía portugués

Raúl Blanco leva ligado ao Celta desde os 8 anos, cando chegou aos benxamíns na Madroa

G24.gal 04/07/2024 11:26 Última actualización 04/07/2024 11:28

O R. C. Celta e Casa Pía A. C. acordaron o traspaso do mediocentro Raúl Blanco. O capitán do Celta Fortuna inicia así unha nova etapa na súa traxectoria deportiva nun equipo que milita na Primeira División portuguesa.

Raúl Blanco leva ligado ao R. C. Celta desde os 8 anos cando chegou aos benxamíns na Madroa. Desde ese momento demostrou un innegable talento que o levou a colocarse como o líder do filial celeste. En total son 150 partidos e máis de 9.500 minutos defendendo a camiseta do Celta onde puidemos gozar da súa zurda, a súa habilidade co balón e a súa precisión.

Sen dúbida, o broche de ouro da súa etapa no club foi esta incrible tempada co Celta Fortuna na que chegaron a clasificarse para o play-off de ascenso a Segunda División. Esta temporada marcou 11 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade