Javi Rodríguez: "O fútbol moitas veces son oportunidades e hai que aproveitalas"
Javi Rodríguez: "O fútbol moitas veces son oportunidades e hai que aproveitalas"
O defensa de Poio compareceu ante os medios tras renovar co Celta ata 2028
Javi Rodríguez compareceu este xoves ante os medios, despois de ampliar o pasado martes o seu contrato co club ata 2028, un acordo fácil.
“Non houbo ningún problema co club, tíñao claro desde o primeiro momento. Esta é a miña casa, quería continuar aquí e así foi. Son xogador da Celta Fortuna de momento e se me toca baixar a axudarlles, así o farei. Se non axudarei ao primeiro equipo en todo o que necesiten”.
Con moitos dos seus actuais compañeiros leva xogando desde neno, forman parte da xeración de 2003:
“Desde benxamíns, desde alevíns, levámonos coñecendo e chegar aquí con todos eles é un orgullo e unha alegría. Entendémonos moi ben e somos todos moi amigos".
Soubo aproveitar o seu momento para chegar ao primeiro equipo.
“O fútbol moitas veces son oportunidades, hai que estar aí para aproveitalas”.
Mostrou o seu agradecemento a Claudio Giraldez.
“Sen el, igual non estaría aquí. Estoulle moi agradecido e espero que teña moita sorte de aquí a un futuro. Deséxolle sempre o mellor".
Coñecer a moitos dos seus compañeiros desde hai tempo, axúdalle.