Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jailson estará seis semanas de baixa

Jailson estará seis semanas de baixa

Non xogará, como mínimo, os próximos seis partidos de Liga (Leganés, Xetafe, Betis, F. C. Barcelona, Barcelona e Español) 

Tampouco a eliminatoria de Copa do Rei contra o UDE San Pedro

G24.gal 25/10/2024 16:37 Última actualización 25/10/2024 16:41

O defensa brasileiro Jailson Marques estará unhas seis semanas de baixa despois de que a ecografía que lle realizaron os servizos médicos do Celta confirmase que sofre unha “un arrancaiento do tendón do adutor esquerdo”, informou este venres o club galego.

Jailson xogou o seu último partido co Celta o pasado 22 de setembro fronte ao Athletic Club en San Mamés. Desde entón, o brasileiro encadeou unha lesión muscular no adutor dereito cuns problemas no ombreiro que o deixaron sen minutos nos duelos contra Atlético de Madrid, As Palmas e Real Madrid.

Esta nova lesión, que se produciu durante un adestramento na cidade deportiva Afouteza, obrigaralle a perderse, como mínimo, os próximos seis partidos de Liga (Leganés, Xetafe, Betis, F. C. Barcelona, Barcelona e Español) e a eliminatoria de Copa do Rei contra o UDE San Pedro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar