O Comité Galego de Adestradores premia a Claudio Giráldez
O Comité Galego de Adestradores premia a Claudio Giráldez
O recoñecemento da Federación Galega de Fútbol é polo seu labor a pasada campaña
O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, recibiu na Cidade Deportiva Afouteza o recoñecemento da Federación Galega de Fútbol pola súa labor a pasada campaña. En concreto, o Comité Galego de Adestradores da RFGF concedeulle ao porriñés un galardón en calidade de adestrador destacado de Primeira División no seu primiero curso na máxima categoría.
Giráldez, que comezou a tempada 2023/2024 á fronte do Celta Fortuna -equipo ao que xa adestrara con éxito a tempada anterior, tras pasar antes por outros equipos da base-, pasou ao primeiro equipo no mes de marzo, en substitución de Rafa Benítez cando quedaban dez xornadas para rematar o campionato. Nese momento, o Celta era decimo sétimo, con dous puntos de marxe sobre o descenso.
Cun balance de cinco vitorias, dous empates e tres derrotas, Giráldez logrou salvar ao equipo sen ter que sufrir na última xornada e rematando a liga na dácima terceira praza.