Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen o Pulpo, autor da matanza de Vilaboa en 1997, tras un roubo en Teis

Deteñen o Pulpo, autor da matanza de Vilaboa en 1997, tras un roubo en Teis

Foi detectado nun coche que roubou nunha empresa o día anterior

G24.gal 25/10/2024 14:22 Última actualización 25/10/2024 15:02

A Policía Nacional de Vigo detivo no mes de outubro nun control rutineiro ao Pulpo. O home que matou a catro persoas en 1997 no Hostal A Ría, en Vilaboa.

Viaxaba a bordo dun Volvo de alta gama que fora roubado nunha empresa de enxeñería da parte alta de Teis. Días despois atoparon o seu compinche un pequeno delincuente habitual do barrio. Na súa vivenda atoparon tamén todos os efectos que foran roubados na devandita empresa de Teis, móbiles, ordenadores e outros materiais informáticos por valor de 21.000 euros.

José Manuel  Rodríguez Lamas, alias o Pulpo foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo en funcións de garda e a maxistrada decretou a súa posta en liberdade, segundo informou hoxe o TSXG. A maioría do material foi recuperado. A causa segue aberta e o Pulpo segue investigado por un roubo con forza. O segundo detido non chegou a pasar a disposición xudicial.

O Pulpo é un dos homes máis sanguinarios da crónica negra do país con catro cadáveres ás costas. A súa detención por aqueles feitos foi precedida por un tiroteo en que un dos múltiples proxectís acabou ferindo a un axente da policía nacional. Fixo 25 anos de cadea por aqueles feitos. Os seus xa 57 anos levaba xa un tempo en liberdade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade