Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos en Vigo os dous supostos autores dun roubo nunha empresa

Detidos en Vigo os dous supostos autores dun roubo nunha empresa

Levaron material valorado en 21.000 euros

G24.gal 24/10/2024 16:30

A Policía Nacional detivo en Vigo os dous supostos autores dun roubo con forza nunha empresa de enxeñería no barrio de Teis.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do día 7 de outubro, momento no que os autores forzaron o acceso ás instalacións da compañía para levar material informático e de telefonía, tarxetas de crédito que posteriormente utilizaron e mesmo un vehículo de alta gama. O montante dos efectos subtraídos ascendía a 21.000 euros.

Tal como informa a Policía Nacional, a investigación permitiu identificar os ladróns e a súa implicación no roubo.

Os dous foron detidos. Na vivenda dun deles recuperáronse a práctica totalidade dos efectos, así como o coche subtraído.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade