Diego Epifanio pide non obsesionarse cos tiros libres
Diego Epifanio pide non obsesionarse cos tiros libres
O Leyma, que xoga ante o Zaragoza, só anotou 11 de 24 tiros libres no último encontro ante o Unicaja
Diego Epifanio compareceu na sala de prensa do Coliseum un día antes do partido que medirá ao Leyma Básquet Coruña contra o Casademont Zaragoza, este sábado ás 20:45 horas.
O técnico analizou os puntos fortes do seu rival, advertiu sobre o perigo da compracencia, desvelou que todos os xogadores están dispoñibles para a ocasión e quitoulle ferro á falta de acerto nos tiros libres, ademais de pedir o apoio da afección.
"Todo o mundo fala da porcentaxe de tiros libres. Non ten que obsesionarnos".
"Sería bo que no primeiro tiro libre que erremos se levante o Coliseum a animar ao xogador para axudalo a meter o seguinte".
O Leyma só anotou 11 de 24 tiros libres no último encontro ante o Inicaja.