Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javi Rodríguez renova co club da súa vida ata o 2028

Javi Rodríguez renova co club da súa vida ata o 2028

Natural de Poio, Javi Rodríguez chegou á Madroa en categoría Benjamín B e desde entón escalou cada unha das categorías ata chegar ao primeiro equipo

G24.gal 22/10/2024 13:10 Última actualización 22/10/2024 14:14

O canteirán, Javi Rodríguez, amplía a súa vinculación co R. C. Celta ata 2028. O xogador, cun gran protagonismo no primeiro equipo, revalida o seu compromiso co club que o viu medrar por catro tempadas máis.

Natural de Poio, Javi Rodríguez chegou á Madroa en categoría Benjamín B e desde entón escalou cada unha das categorías que conforman a canteira ata converterse nun xogador importante para o conxunto que dirixe Claudio Giráldez. A súa calidade, a súa saída de balón e esa valentía defensiva que lle caracteriza levárono a asentarse con forza na dinámica do primeiro equipo.

 

Con máis de 4.400 minutos defendendo a camiseta celeste, 6 goles e 2 asistencias, Javi debutaba co R. C. Celta o 1 de novembro de 2023 na vitoria ante o Turégano C. F. en Copa do Rei. De corazón e sangue celeste, a traxectoria de Javi Rodríguez transcorre na súa totalidade nas instalacións deportivas da Madroa onde o defensa chegaba con tan só 7 anos.

Aquel neno que cargado de ilusión fantasiaba con ser futbolista viu o seu soño feito realidade no club celeste. Catorce anos de traballo, esforzo e dedicación leváronlle a debutar na LIGA EA SPORTS na primeira xornada da tempada 24/25 ante o Deportivo Alavés en Abanca Balaídos.

Desde ese momento, Javi Rodríguez participa cada fin de semana na máxima categoría do fútbol español chegando a ser destacado pola eficacia dos seus pases, o que o converte nunha das principais revelacións da tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar