Giráldez chama a Fer López, Yoel Lago e Miguel Román para adestrar co primeiro equipo
Giráldez chama a Fer López, Yoel Lago e Miguel Román para adestrar co primeiro equipo
Todo apunta a que serán convocados polo primeiro equipo para o partido de Copa do Rei
Fer López, Yoel Lago e Miguel Román, futbolistas da Celta Fortuna, exercitáronse este luns ás ordes de Claudio Giráldez na cidade deportiva Afouteza, polo que todo apunta a que serán convocados polo primeiro equipo para o partido de Copa do Rei contra o modesto UDE San Pedro.
Tras a derrota de onte ante o Leganés (3-0), o plantel celeste retomou esta mañá o traballo para preparar a eliminatoria contra o conxunto andaluz, na que o técnico galego xa avanzou que dará minutos aos menos habituais.
Nunha sesión de recuperación para os titulares en Butarque, a presenza de Fer López, Yoel Lago e Miguel Román co primeiro equipo foi a principal novidade. O primeiro deles vén de asinar unha gran actuación co filial ante a Ximnástica Segoviana.