Giráldez dá descanso a Aspas, Borja Iglesias, Starfelt, Williot e Hugo Álvarez
Giráldez dá descanso a Aspas, Borja Iglesias, Starfelt, Williot e Hugo Álvarez
O técnico do Celta citou tres futbolistas do filial –Miguel Román, Yoel Lago e Fer López-para o partido de Copa ante o San Pedro
Claudio Giráldez, adestrador do R. C. Celta, deixou fóra da convocatoria para a estrea copeira ante o San Pedro a cinco dos seus habituais titulares –Iago Aspas, Borja Iglesias, Carl Starfelt, Williot Swedberg e Hugo Álvarez- que arrastran molestias físicas.
Ademais, o técnico galego tampouco citou a Fran Beltrán porque o mediocentro madrileño está a piques de ser pai por segunda vez. A súa ausencia únese ás xa coñecidas de Luca da Torre e Jailson Marques por lesión.
“Os que quedan fóra teñen que ver con temas físicos, con molestias, salvo a Beltrán porque vai nacer a súa segunda filla”, explicou en conferencia de prensa.
Claudio Giráldez citou tres futbolistas do filial –Miguel Román, Yoel Lago e Fer López- para o duelo en terras andaluzas. O técnico aínda non esquece o partido de Leganés.
"Non pode volver suceder. Moi amolado. Esta é a derrota que máis dano fixo".
"Temos que situarnos, onde estamos, de onde vimos, a que aspiramos. Ten que ver co mental"
A lista de convocados formarana: Iván Villar, Guaita, Coke, Mingueza, Sergio Carreira, Ilaix Moriba, Douvikas, Cervi, Alfon , Joseph Aidoo, Bamba, Pablo Durán, Marcos Alonso, Mihailo Ristic, Manquillo, Tadeo Allende, Carlos Domínguez, Damián Rodríguez, Fer López, Yoel Lago, Javi Rodríguez, Hugo Sotelo e Miguel Román.