Familias galegas pasaron a noite en vela por non saber dos seus atrapados pola DINA
Familias galegas pasaron a noite en vela por non saber dos seus atrapados pola DINA
É o caso de Cándido, un veciño de Vigo que ata esta mañá nada sabía da súa irmá e a súa sobriña
As dúas viven en Chiva, unha das localidades máis afectadas, están ben, pero coa casa asolagada
"Non sabemos nada, non sei si lles pasou algo se as rescataron".
Era a chamada desesperada de Cándido aos compañeiros da Radio Galega. Levaba horas sen saber nada da súa irmá e da sobriña. Na última chamada xa lles contaba que a situación era complicada.
"Estaban no chalé acaroado e que a auga xa lles chegaba aos xeonllos. Alí pola parte de abaixo do chalé hai un regato eu sempre pensei que iso era unha trampa"explica este veciño de Vigo.
Tras pasar a noite en vela e coas imaxes devastadoras da DINA na retina ao espertar o día chegaron as boas novas.
"Dixo que tiñan a casa asolagada, está todo asolagado pero están ben", comenta Cándido.
Tras a angustia, agora Cándido respira máis tranquilo. A comunicación segue a ser complicada pero...
"Polo menos están vivas. Si agora estou máis tranquilo pero antes", di emocionado Cándido.
Segundo datos da Aemet, en Chiva caeron uns 445 litros por metro cadrados.