Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta traspasa a José Fontán ao Arouca portugués

O Celta traspasa a José Fontán ao Arouca portugués

O futbolista tiña que regresar este verán á disciplina celeste despois de xogar o pasado curso cedido no Cartaxena

G24.gal 03/07/2024 10:59 Última actualización 03/07/2024 11:06

O Celta informou este mércores de que chegou a un acordo co F. C. Arouca para o traspaso do defensa José Fontán ao conxunto portugués. O futbolista tiña que regresar este verán á disciplina celeste despois de xogar o pasado curso cedido no Cartaxena, co que disputou 37 partidos e máis de 3.200 minutos en LaLiga Hypermotion.

Un ano antes, José Fontán xa saíra cedido ao Go Ahead Eagles da Eredivisie, onde tivo menos protagonismo (21 partidos e 1.103 minutos). O defensa galego debutou co Celta en Primeira División o 1 de outubro de 2020 fronte ao Barcelona.

Na máxima categoría do fútbol español, Fontán disputou 23 partidos e 939 coa camiseta celeste. No seu comunicado de prensa, a entidade que preside Marian Mouriño agradece ao xogador a súa “implicación “e “dedicación” durante a súa etapa en Vigo, e deséxalle “moita sorte” nos seus novos retos profesionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar