Cargando resultados...
Localizado o septuaxenario que desapareceu dunha residencia de Vigo o pasado luns
Localizado o septuaxenario que desapareceu dunha residencia de Vigo o pasado luns
O home foi localizado na cidade de Braga, en Portugal
G24.gal
05/07/2024 16:50
O home de 76 anos de idade, Ovidio Rodríguez, usuario dunha residencia de maiores de Vigo, que desapareceu o pasado luns, foi localizado en Portugal, segundo confirmaron fontes policiais e da Consellería de Política Social.
A súa familia deu a alerta despois de que o home, en situación "vulnerable", recollese a súa pequena asignación mensual na residencia e marchase sen documentación.
Fuentes consultadas por Europa Press confirmaron que Ovidio foi localizado en Braga (Portugal) e trasladado a un hospital do país veciño. Os familiares do home xa foron informados e iniciáronse os trámites para o seu regreso.