Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo vai ser o encargado de investigar o crime da maleta

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo vai ser o encargado de investigar o crime da maleta

Lugar onde apareceu a maleta co cadáver no seu interior Lugar onde apareceu a maleta co cadáver no seu interior
G24.gal 05/07/2024 16:01 Última actualización 05/07/2024 16:21

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso interposto polo Chioleiro contra a decisión do Xulgado de Instrución 4 de inhibirse para que sexa ou Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo o que investigue o coñecido como crime da maleta.

O pasado 22 de febreiro, atopouse unha maleta nunha leira na zona de Fragoso da Cidade Olívica.

No seu interior encontraron o cadáver dunha muller. Días máis tarde, foi detido en relación con este crime José Manuel D.G., coñecido como o Chioleiro e con antecedentes por outros dous asasinatos.

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo inhibiuse en favor do xulgado especializado, ao entender que podería tratarse dun caso de violencia de xénero, xa que a vítima mantiña supostamente unha relación sentimental co sospeitoso.

Agora a Audiencia avalou esa decisión e subliña que o instrutor "razoa de forma concreta e detallada cales son as causas da decisión acordada, expoñendo de forma precisa os indicios que sustentan que a relación entre o procesado e a vítima tiña o compoñente esixido da afectividade".

Con todo, o tribunal provincial destaca tamén que o xuíz de instrución xa advertía de que, se houbese dúbidas sobre esa relación de parella, é preferible que sexan resoltas polo Xulgado de Violencia sobre a Muller, que pode valorar a aplicación da agravante de parentesco.

Igualmente, avisaba de que, se tras a valoración da proba se determina que non había relación de parella, iso "nunca podería producir efecto negativo algún para o investigado".

 O auto é firme, pois contra el non cabe presentar recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade