Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta comeza a pretemporada sen Miguel Rodríguez e algúns internacionais

O Celta comeza a pretemporada sen Miguel Rodríguez e algúns internacionais

Os suecos Carl Starfelt e Williot Swedberg, o estadounidense Luca de la Torre e o grego Tasos Douvikas son os internacionais que non iniciaron a pretemporada

G24.gal 05/07/2024 11:53 Última actualización 05/07/2024 11:59

O Celta comezou este venres a pretemporada do curso 2024-25, o primeiro proxecto da era Claudio Giráldez, cun adestramento no que non participaron os internacional que viaxaron coas súas respectivas seleccións nin os extremos Miguel Rodríguez, a un paso de pechar a súa saída ao Utrecht FC da Eredivisie, e Alfon González.

Na primeira sesión de adestramento na cidade deportiva Afouteza, Claudio Giráldez atopouse cun grupo demasiado amplo para o seu gusto, xa que de momento a dirección deportiva non conseguiu dar saída aos xogadores declarados transferibles. Miguel Baeza, Gonçalo Paciencia, Julen Lobete, Sergio Carreira e Mihailo Ristic empezaron a pretemporada ás ordes do técnico galego a pesar de ser conscientes de que o club lle busca unha saída, do mesmo xeito que a Franco Cervi, Carles Pérez, Jonathan Bamba, Manu Sánchez e Unai Núñez.

Con todo, a alta ficha de Unai Núñez, Carles Pérez e Bamba dificultará a súa saída de Vigo, polo que Claudio Giráldez xa asume que terá que contar con eles a pesar de non ser futbolista do seu agrado. Os suecos Carl Starfelt e Williot Swedberg, o estadounidense Luca de la Torre e o grego Tasos Douvikas son os internacionais que non iniciaron a pretemporada co resto dos seus compañeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade