Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Sotelo destaca o papel da súa nai para "cumprir o soño" de seguir no Celta

Hugo Sotelo destaca o papel da súa nai para "cumprir o soño" de seguir no Celta

De Iago Aspas tamén revelou a súa axuda para renovar o contrato: "Estoulle moi agradecido, meteuse no medio para axudarme a min a resolver algún problema"

G24.gal 02/10/2024 15:12 Última actualización 02/10/2024 16:03

Hugo Sotelo será xogador do Celta de Vigo ata xuño de 2028.

"Grazas a Deus, cumprín o meu soño", confesou co seu novo contrato que o liga ao club da súa vida durante catro tempadas.

Unha renovación e unha carreira que non se pode entender sen a figura da súa nai. Fátima Sotelo guiou desde neno este xogador rebelde de carácter indomable.

O mesmo Hugo Sotelo recoñece que en moitos momentos é un xogador "moi impulsivo. Moitas veces o meu carácter compáranmo co de Aspas... para o bo e o malo".

Un carácter que a súa nai, a súa parella Antía e o propio Claudio Giráldez tratan de canalizar. Unha parte fundamental sen a que nada disto podería chegar a suceder é o papel da súa nai Fátima Sotelo.

"Estou moi agradecido. Leva dez anos pelexando por min co tema do fútbol, axudándome en todo o posible e aconsellándome".

De Iago Aspas tamén revelou a súa axuda para renovar o contrato.

"Estoulle moi agradecido meteuse no medio para axudarme a min a resolver algún problema. Cando se publicou a renovación mandoume unha mensaxe e estaba moi contento".

"Tiña algunha dúbida sobre o contrato, que era o mellor, o peor e pedinlle consello", ampliou Sotelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar