Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan os autores dun atraco a unha farmacia en Mos

Buscan os autores dun atraco a unha farmacia en Mos

Os asaltantes entraron na botica coa cara tapada e ameazaron as empregadas cunha arma de fogo

Os ladróns fuxiron sen a recadación ao seren alertadas as forzas de seguridade

 

G24.gal 03/10/2024 11:15 Última actualización 03/10/2024 14:44

Novo atraco na comarca de Vigo. Desta vez ocorreu nunha farmacia do concello de Mos.

Dúas persoas accederon á botica de Sanguiñeda sobre as nove da pasada noite coa cara tapada e ameazaron as empregadas cunha arma de fogo. Pero elas reaccionaron con rapidez e escondéronse nun almacén dentro da farmacia, desde onde alertaron as forzas de seguridade.

Ao lugar do suceso acudiron a Policía Local e a Garda Civil, que se encarga da investigación. Desta vez os atracadores non conseguiron levar a recadación.

As imaxes das cámaras de vixilancia poden se determinantes para a súa detención.

Este roubo súmase aos dous que se produciron en Moaña nos últimos días con tan só trinta minutos de diferenza: os asaltantes levaron 500 euros dun estanco e outros 400 euros dunha farmacia de Meira. A Garda Civil está a intensificar a busca dos autores destes asaltos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade