Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Colexio de Enxeñeiros inicia en Vigo unhas xornadas para concienciar sobre a seguridade industrial

O Colexio de Enxeñeiros inicia en Vigo unhas xornadas para concienciar sobre a seguridade industrial

 Polo seu peso na economía galega, a automoción foi o sector escollido para iniciar a campaña 

A seguridade industrial fai a industria máis humana, pero tamén máis competitiva e eficiente
 

G24.gal 04/10/2024 14:43

A seguridade industrial é unha constante na nosa vida ordinaria: desde a primeira ducha da mañá, o primeiro café, a viaxe camiño do traballo... ata calquera local de hostalería, gardería, ou zona de concertos que visitemos. 

 "A seguridade industrial é moi descoñecida, é algo intanxible que non vemos, pero aféctanos a todos. Todos temos instalacións eléctricas e de calefacción na casa. Hoxe baixei no ascensor, collín ou meu vehículo -os dous aparatos tamén están afectados pola seguridade industrial-, e despraceime á oficina, que é un espazo de concorrencia pública e tamén debe cumprir uns requisitos", explica Javier Domínguez, o subdirector xeral de Administración e Seguridade Industrial da Xunta.

A seguridade industrial abrangue todos os aspectos da vida onde hai un aparato ou unha instalación. É fundamental para a eficiencia, a produtividade e a calidade de vida. E diso van as xornadas, oito en total, que irán percorrendo cada sector económico de Galicia. Comezando hoxe en Vigo pola automoción.

 "Todas as xornadas están  orientadas a coñecer cales son os requisitos que temos que cumprir. As empresas do sector do automóbil creo que son destacadas a nivel mundial, pero falaremos de minería en Ourense, falaremos de téxtil na Coruña, de agro en Lugo e de enerxía en Santiago. O que pretendemos está moi claro: accidentes cero", informou Pablo Pérez Vázquez, o Director de Xestión de Enxeñeiros Industriais.

A Xunta anuncia un incremento das actuacións a prol  da seguridade industrial. Levan xa 1.400 inspeccións en diferentes sectores e suman agora un plan extraordinario con 350 inspeccións máis en hostalería, centos comerciais, garderías e grandes espazos lúdicos, como discotecas, por exemplo.  Sector privado, sindicatos, colexios profesionais e universidades colaboran coa Administración para converter a Galicia nun referente en seguridade industrial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos