Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión para os tres turcos detidos acusados de secuestrar un holandés en Vigo

Prisión para os tres turcos detidos acusados de secuestrar un holandés en Vigo

O operativo policial realizouse nunha vivenda de alugueiro vacacional en Teis, en que os axentes da Policía Nacional irromperon con autorización xudicial

A suposta vítima, que avisou á súa parella por teléfono, é ao parecer de orixe holandesa

Vivenda de Teis en Vigo onde permanecía secuestrado o home holandés Vivenda de Teis en Vigo onde permanecía secuestrado o home holandés
G24.gal 06/07/2024 13:48 Última actualización 06/07/2024 19:38

O Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión dos tres cidadáns de orixe turca detidos este venres acusados de secuestrar a un home holandés nunha vivenda de Vigo, nun operativo despregado pola Brigada Local da Policía Xudicial (UDEV 2) na cidade.

Tres cidadáns de orixe turca foron detidos este venres acusados de secuestrar a unha persoa nunha vivenda de Vigo, nun operativo despregado pola Policía Nacional en Teis.

Os supostos secuestradores teñen entre 22 e 34 anos. A investigación sinala que o domicilio no que tiñan retida a esta persoa está situado no barrio de Teis, preto da avenida de Galicia e da autoestrada.

A casa estaba destinada ao alugueiro vacacional. A parella da vítima avisou á Policía Nacional da retención do home, de orixe holandesa, contra a súa vontade no interior.

Axentes da unidade de elite dos GOES trasladáronse ata Vigo para participar no operativo de liberación do home e detención dos supostos responsables do secuestro. Na operación os axentes tamén se incautaron dunha arma de fogo real na vivenda.

Está aberta unha investigación para determinar as circunstancias e causas do secuestro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade