Kokoro Japan Expo24, en Vigo durante a fin de semana
Kokoro Japan Expo24, en Vigo durante a fin de semana
O recinto feiral de Vigo acolle dende este sábado e ata o domingo a Kokoro Japan Expo 2024, un espazo onde podes somerxerte de cheo na emocionante e colorida cultura xaponesa
Unha cita que cativará os amantes do anime e do manga
A cultura otaku inunda esta fin de semana o recinto feiral de Vigo. 12.000 metros cadrados onde poderemos atopar exhibicións de artes marciais, concursos de Cosplay, tampores Taiko, torneos de videoxogos...
Un espazo para todos os públicos e todas as idades polas que transitan personaxes moi coñecidos do manga.
Un recinto para todos os públicos e todas as idades polas que transitan personaxes moi coñecidas do manga.
Exposicións, coma esta de Funkos que é unha das máis importantes de Europa. E por suposto talleres de origami ou pintura xaponesa.
Proxeccións, zona de Arcades xaponesas para esta segunda edición dun evento cultural que o pasado ano reuniu unhas 6.000 persoas. Así é esta exposición chamada kokoro, que en xaponés quere dicir corazón.