Sergi Quintela "Foi un ano duro, non teño claro seguir"
Sergi Quintela "Foi un ano duro, non teño claro seguir"
Sergi Quintela ten unha oferta de tres temporadas
Segue sen asegurar a continuidade Sergi Quintela no Río Breogán. Acaba de renovar Erik Quintela, pero o pequeno dos Quintela di que hai que agardar. A próxima semana será decisiva. Sergi Quintela ten unha oferta de tres temporadas. E ten ata o día dezasete para facelo.
"Teño contrato, unha oferta do Breogán, non hai moito máis".
"Se quedo ben e se marcho que o clube teña tempo para manobrar. Decisión persoal".
"Foi un ano duro. Non teño claro seguir. Fálase de Bilbao, Obra... non hai nada".
Sergi Quintela comezou esta mañá na localidade de Pol o tradicional campus de cada verán a carón de Erik e coa compaña doutras figuras do baloncesto como Álex Hernández, do Leyma, ou Blanca Millán, que xogará no Baxi a próxima campaña.