O Rácing de Ferrol anuncia a súa nova pel e abre a campaña de altas
O Rácing de Ferrol anuncia a súa nova pel e abre a campaña de altas
Cambia de marca, pero mantén as cores e o deseño tradicionais
O Rácing de Ferrol presentou oficialmente o seu novo equipamento para a vindeira temporada 2024/2025. Este novo deseño, que mantén a cor verde na camisola e nas medias e alterna entre esa mesma cor e o branco no pantalón, foi realizado por unha marca diferente ao ano anterior, pero segue a lucir o conxunto tradicional do Rácing.
💚 ᴄʜᴀᴍᴏʀʀᴏ 💚#primeiraequipación#lévotenapel #Chamorro #RacingClubFerrol
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) August 12, 2024
👉 https://t.co/s1tunhrn5L pic.twitter.com/Vt5OHEqONC
Xunto con este anuncio, o club ferrolán inaugurou a etapa de novas altas para abonados. Abriu dende as dez da mañá e a páxina web saturouse en menos de media hora. Ao mesmo tempo moitos afeccionados optaron por presentarse na Malata e conseguir presencialmente o seu abono. Algúns destes desprazáronse ata o campo nas primeiras horas do día para así poder asegurar o seu asento.
Haberá que estar pendentes se o club ferrolán consegue o seu obxectivo: o de superar o número de socios da campaña anterior. O ano pasado houbo 8.613 seareiros racinguistas con abono. Nesta ocasión, xa houbo máis de sete mil que renovaron a súa confianza, e polo que estamos a ver é posible que se supere a marca da 2023/2024.