O Rácing remonta en Barakaldo e segue na Copa do Rei (1-2)
O Rácing remonta en Barakaldo e segue na Copa do Rei (1-2)
Bebé e Nacho Sánchez neutralizaron o gol inicial do conxunto vasco
O Rácing conseguiu unha remonta no campo de Lasesarre que vai fortalecer a súa feble moral e avanza nunha Copa na que recibirá no campo da Malata un equipo de Primeira División. Foi nun partido moi traballado diante dun equipo da zona alta da Primeira Federación que se adiantou no marcador no minuto 19 cun gol de Luís Bilbao.
Bebé estreouse como goleador do Rácing cunha gran xogada individual culminada cun lanzamento duro. Era o minuto 26 e volvía o equilibrio ao marcador. Non houbo grandes ocasións no partido cos dous equipos priorizando o aspecto defensivo. Cando xa se pensaba na prórroga chegou a xogada do partido, unha contra rápida levada por Nacho Sánchez que incrustou o disparo na mesma escuadra. Quedaban menos de cinco minutos para o final e o Rácing soubo aguantar a vantaxe e levar a eliminatoria.