Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing visita o Tartiere á busca dun triunfo balsámico (21:00h)

O Rácing visita o Tartiere á busca dun triunfo balsámico (21:00h)

G24.gal 12/04/2025 14:45

O Oviedo vén de recibir un deses goles raros. Marcoulles o porteiro do Éibar no minuto 94. Camiño de ser rareza vai tamén un gol do Rácing. Esa salsa do fútbol, na que non mollan dende hai máis de 600 minutos.

Luis Perea foi o último que acertou coa porta rival, a do Mirándes hai 8 xornadas. O equipo celebrou tamén o de Jauregi co Huesca, outorgado ao porteiro en propia porta. Dende entón 6 partidos sen ulir o gol afastando a permanencia con cada erro.

O reto é competir e non asinar plusmarcas históricas de derrotas e seca goleadora. Hoxe ante un Oviedo que só mira cara arriba, e que intenta non dar por morto ao Rácing.

Liberados da presión dun obxectivo xa inacadable intentarán dar a sorpresa no Tartiere. Sen Yoel, Correa e Perea por lesión. Con Erick Cabaco de volta, pero fráxil. E co úlitmo gran desprazamento da temporada para a sufrida afección racinguista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar