Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing volve ao traballo cun regreso soñado á Segunda División

O Racing volve ao traballo cun regreso soñado á Segunda División

Álex López, o capitán: "Estaremos capacitados para loitar contra todos"

A Malata está en obras adaptándose ás esixencias da categoría

G24.gal 08/07/2023 15:24

Tras levar máis dun mes flotando cos festexos do ascenso, o Racing volveu poñer os pés na terra para afrontar a temporada na Segunda división co seu capitán Álex López abrazando a responsabilidade de liderar o equipo.

Álex López, curiosamente, estreouse en Segunda co Racing en maio de 2005. Dezaoito anos despois volve a esta mesma categoría co mesmo equipo para pechar o círculo.

Co estadio da Malata levantado, o Racing desprazouse ata Narón para realizar a primeira sesión de adestramento coa mente posta nas dúas primeiras xornadas ante o Elxe e o Oviedo, en que xogará fóra da casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade