Cargando resultados...
O Real Madrid anuncia a marcha de Karim Benzema
O capitán e goleador do equipo chegou ao equipo en 2009 e acababa de recibir o premio ao mellor xogador do mundo
G24.gal
04/06/2023 12:06
O Real Madrid continúa coa súa renovación para a vindeira temporada. Anunciou a marcha de Karim Benzemá, capitán e goleador do equipo.
Benzemá deixa o Real Madrid despois de lograr 25 título; 5 Copas de Europa, 4 Mundiais de Clubes, 4 Supercopas de Europa, 4 Ligas, 3 Copas do Rei e 4 Supercopas de España. É o actual Balón de Ouro e xogador do ano da UEFA, ademais de gañar o Pichichi en 2021.
É o quinto xogador que máis veces vestiu a camisola do Real Madrid e o segundo goleador histórico, con 353 goles.