O rei, Pedro Sánchez e Pere Aragonès, xuntos en Barcelona no MWC
O rei, Pedro Sánchez e Pere Aragonès, xuntos en Barcelona no MWC
Filipe VI pide que os avances tecnolóxicos protexan a seguridade e os dereitos individuais
Sánchez destaca o papel relevante de España no desenvolvemento da IA
Coa esperanza de recibir uns 95.000 asistentes e coa intelixencia artificial como protagonista, ademais dos avances na tecnoloxía 5G, este luns comezará en Barcelona o Mobile World Congress.
Os organizadores contan con recuperar os congresistas asiáticos, ausentes desde a pandemia, como as chinesas Huawei ou Telecom. O rei Filipe VI, o presidente do Goberno e o da Generalitat protagonizarán dentro dunhas horas a inauguración oficial deste certame.
Na cea deste domingo, o rei pediu que os avances tecnolóxicos protexan a seguridade e os dereitos individuais. Filipe VI enviou unha mensaxe aos afectados polo incendio de Valencia.
"O loito de toda Valencia é o loito de toda España. E así o queremos trasladar mañá pola tarde a raíña e mais eu cando compartamos alí, cos valencianos, o seu dó e a súa dor".
Pola súa parte, o presidente do Goberno referiuse ao papel relevante que debe xogar España no desenvolvemento da Intelixencia Artificial.
"Gustaríame anunciarlles que imos traballar en estreita colaboración público-privada co Barcelona Supercomputing Center e a Rede Española de Supercomputación, xunto coa Academia Española da Lingua e coa Asociación de Academias da Lingua Española, na construción dun gran modelo fundacional de linguaxe de intelixencia artificial, adestrado especificamente en español, e por suposto nas linguas cooficiais, en código aberto e transparente".